martes, 22 de maio de 2018

María Canosa visitounos!!!

Este trimestre estivemos lendo o fantástico libro MURIEL, da escritora MARÍA CANOSA.
Coa súa lectura pasamos momentos moi intensos, fantásticos, misteriosos, intrigantes...

E chegou o momento de coñecer a esta creadora de contos!

Estabamos impacientes e nerviosos esperando a visita de María Canosa, tiñamos todo preparado pero... non daba chegado (eso parecíanos a nós)

Mentres,pensabamos...



Gustaralle a nosa benvida?

E as nosas opinións do libro?

Que nos contará?

Contestará as nosas preguntas?



E...a porta abriuse! Alí estabaaa!




Cremos que lle sorprendeu o corredor que lle tiñamos preparado con nosos libros de Muriel.

O mural, os debuxos e as nosas opinión tamén chamaron a súa atención.


E... empezou a contarnos o importantes que somos para que ela sexa escritora. Que os seus libros deixan de ser dela cando os lemos porque cada un de nós o interpretamos dun xeito diferente.


As nosas preguntas foron contestadas unha por unha. 

Así nos foi desvelando porque escribe,como vai elaborando os seus libros, as personaxes mesmo nos contou que ten un caderno onde anota todo o que se lle vai ocorrendo, a lista de nomes.... e algunha das ideas que lle están rondando na cabeciña.

Escoitámola con moita atención porque o que nos estaba contando o facía con tanta paixón que nos enganchou e nos deixou pasmados!





Como remate da visita asinou cada un dos nosos libros e no libro de visitas da biblioteca!!!



Foi unha vivencia extraordinaria e moi motivadora!!!

            Graciñas María!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario