Celebramos xunto coa A Asociación
Avelaíña o seu 20 aniversario e o Día Mundial da Saúde Mental
Baixo o lema " TES UN PAPEL NA
NOSA HISTORIA" iniciamos unha marcha usuarios, persoal e familiares do centro Avelaíña, alumnos IES A Sangriña, do centro San Xerome Emilini, e do CEIP A Sangriña cara o Concello.
Alí fomos recibido polo Alcalde
Antonio Lomba e as Conselleiras de Cultura e Asuntos Sociais.
Na balconada colocouse un cartel
conmemorativo deste día. Escoitamos con atención a presidenta da asociación e a
o Sr. Alcalde e o Xerente da Asociación Avelaíña Rafael Álvarez.
A continuación dirixímonos cara o
Auditorio de San Benito, onde o Grupo
Perseide, deunos un concerto no
que participamos cantando e bailando.
Foi unha xornada marabillosa,
enriquecedora e fantástica na que o pasamos xenial!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario