Na
Europa medieval estaban presentes tres relixións: cristiá, xudea e musulmá.
Pero destas tres, a maioritaria e a que máis influencia tivo foi a cristiá.
A
igrexa xogaba un importante papel na cultura medieval. Os monxes dos mosteiros
eran os verdadeiros gardiáns da cultura. Nas súas bibliotecas, os monxes
copistas copiaban texto relixiosos, científicos, filosóficos... eran os
códices. Moi coñecido é o Códice Calixtino da Catedral de Santiago, que inclúe
unha especie de guía de viaxe para o peregrino.
Por
outra banda a sociedade cristiá er moi relixiosa. Ademais de mosteiros para o
clero, en cada aldea e cidade construíase unha igrexa de pequeno tamaño ou unha
gran catedral.
As
igrexas decorábanse con esculturas e pinturas de historias sagradas para que os
fieis menos cultos puideran entender a biblia como un libro ilustrado.
As
normas para construír impoñíaas a igrexa.
Os
dous estilos principais foron o románico ( partiu da Abadía de Cluny, Francia)
e o gótico (partiu desde o mosteiro de Citeaux e os seus monxes cistercienses)
Polo
tanto, a arte da Idade Media ten unha motivación relixiosa e cristiá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario