A
arte gótica desenvolveuse nas cidades na Baixa Idade Media.
O
rexurdir das cidades e o diñeiro do comercio dos burgueses permitiu a
construción de grandes catedrais e edificios civís: sobre todo os pazos, casas
do concello, lonxas, hospitais, universidades...
No
gótico a imaxe de Deus é máis humana e misericordiosa. Foi un arte máis
naturalista e realista.
Na
arquitectura gótica destaca a ansia de elevar os edificios, de verticalidade (
ansia de Deus, de tocar o ceo) e o afán pola luz. Os muros perden a función de
soporte e son reemprazados por vidreiras.
As
características fundamentais son:
Elementos
de soporte:
Muros
de pedra lixeiros e reemprazados por vidreiras. Dan aos edificios unha imaxe de
lixeireza e que no seu interior haxa
moita luz.
Os
pilares e columnas adelgazan.
Os
contrafortes sepáranse dos muros e sobre eles
se apoian os arcobotantes.
Elementos
soportados:
Arco
apuntados ou oxivais,
Bóvedas
de crucería, formada polo cruce de varios arcos apuntados e que descansan sobre
finas columnas, que transmiten o peso das cubertas aos arcobotantes e
contrafortes.
Planta
de cruz latina coa nave central moi elevada e coa cabeceira moi desenvolvida.
Poden chegar a ter ata cinco naves ou máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario