Al-Ándalus foi un importante centro
cultural do mundo medieval. Os sabios conseguiron grandes avances científicos
en medicina, astronomía e nas matemáticas. Eles foron os que introduciron os
números que utilizamos hoxe en día. Tivo tamén unha enorme importancia a
literatura andalusí, escrita en árabe.
O centro da vida económica, social e
política eran as cidades. As cidades estaban rodeadas de murallas, as súas
calles eran estreitas e irregulares. A parte principal das cidades era a medina onde se situaban os edificios
máis importantes e onde vivían os artesáns e comerciantes. Nos seus talleres fabricaban
obxectos de coiro, cerámica, vidro e orfebrería. O intercambio dos seus
produtos realízase no zoco ou mercado.
Os musulmáns construían en lugares estratéxicos palacios fortificados
chamados alcázares.
As terras de cultivo estaban situadas fora das murallas e gran parte da poboación dedicábase ao seu cultivo. Desenvolveron novas técnicas de regadío, construíron alxibes, acequias e usaban norias.
Trouxeron de Oriente plantas como a laranxeira, o arroz.
Outro edificio propio das cidades
musulmáns era a mezquita, un lugar de oración e estudo. O minarete era a torre
situada á entrada. No patio había unha fonte para lavarse.
Os baños, no mundo islámico, eran un
dos centros principais da vida social. O baño era unha actividade de carácter
ritual, a hixiene do corpo é considerada un acto de purificación relixiosa.
Tamén era un lugar de reunión, descanso e relación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario