Durante esta fin de semana sentimos
medo, angustia, pena, enfado, rabia.... porque o lume infernal rodeou a unha morea de pobos e aos seus habitantes. Vimos
imaxes que tardaremos moito tempo en esquecer e que non queremos que se repitan xamais.
O luns, foi o tema principal do que
falamos en todas as aulas, os incendios e as súas consecuencias. Que lástima
sentimos, pero que ganas de volver a ver a nosa Galicia verde!!!
Entre todos fixemos un mural no que
cada árbore, representa as nosas ganas de que non se repitan estes atroces
incendios e que se recuperen os nosos montes e arredores canto antes.
Todos imos por o noso gran de area
para conseguir ver cumplido o noso desexo.
POR UNHA GALICIA VERDE NON AO LUME!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario