Canto durou a Idade
Media?
As invasións dos pobos xermánicos
provocaron a caída do Imperio romano e o inicio da Idade Media en Europa.
Estableceuse entre os séculos V e XV.
Para estudar mellor este longo
período de dez séculos dividímolo en dúas etapas: A Alta Idade Media e Baixa
Idade Media.
A Alta Idade Media
Esta etapa empezou no século V. O
territorio europeo quedou organizado en reinos fundados polos pobos xermánicos.
Estes pobos vivían da agricultura e a
gandaría. A sociedade estaba formada por uns poucos nobres, donos das terras, e
unha maioría de labregos que traballaban nela. Esta organización social
coñécese como sistema feudal.
O feudo
O feudo eran os bens que o rei outorgaba a un nobre( Os señores feudais). O
feudo incluía terras de cultivo e pastoreo, os dereitos de explotación sobre
elas e a poboación que as habitaba. Cada feudo compoñíase de varias partes:
Castelo: Vivenda do Señor Feudal
Terras comunais: Terras pertencentes a todo o feudo ( bosques e pastos para
o gando)
Aldea: Vivenda dos campesiños
Mansos: Terras cedidas polo Señor aos campesiños
Reserva Señorial: Terra reservada para o Señor. A cultivan os servos.
Os campesiños para ter dereito aos mansos debían xurar fidelidade e axudar
ao señor mentres este lles daba protección. O campesiño a cambio debía
traballar as terras da reserva señorial uns días por semana e pagar imposto
pola explotación dos mansos e o uso dos recursos do feudo ( muíños, madeira...)
Baixa Idade Media
Desde o século XII desenvolveuse o comercio e xurdiron grandes cidades, chamadas burgos. Nelas orixinouse un novo grupo social, a bueguesía, formada polos comerciantes e artesáns.
O burgo medieval organizábase arredor dunha igrexa ou catedral, e da plaza do mercado.
A finais deste período, os avances científicos e as exploracións impulsaron un gran desenvolvemento cultural e o descubrimento de América en 1492.
Este feito sinala o final de Idade Media.
Ningún comentario:
Publicar un comentario