A
presenza da igrexa cristiá na vida da Alta Idade Media ten a súa parte máis
visible na arte románica. O románico ( S XI - XIII) chamado así porque recordaba
a arte romana, pretende achegar aos crentes a Deus. Esta influencia da relixión
na arte déixase sentir na arquitectura, escultura e pintura.
Podemos
ver o románico tanto en igrexas pequenas e grandes templos ou nos mosteiros.
Características
propias do románico
Elementos
de soporte:
Muros
de pedra grosos con escasas ventás e
aberturas.
Pilares
e columnas con capiteis decorados.
Contrafortes:
pilares adosados ao exterior dos muros para axudar a soportar o peso das
cubertas.
Elementos
soportados:
Arcos
de medio punto ( media circunferencia)
Bóveda
de canón, formada pola prolongación do arco de medio punto.
Pinturas
e esculturas con cores.
Planta
Planta
de cruz latina: brazo lonxitudinal máis longo que o transversal. Normalmente
ten tres naves: unha central máis alta que as dúas laterais.
Planta
basilical: Un só brazo, lembrando ás basílicas romanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario