Tras a invasión musulmá, algúns
nobres visigodos fuxiron ás montañas do norte da Península. Alí xunto cos
poboadores ástures, iniciaron un proceso polo cal os reinos cristiáns avanzaron
cara o sur e ocuparon os territorios andalusís. foi a chamada Reconquista.
Neste longo proceso de máis de sete
séculos xurdiron os chamados reinos cristiáns.
Evolución dos reinos cristiáns
Reino
de Asturias:
Un
pequeno núcleo de cristiáns refuxiouse na Cordillera Cantábrica xunto cos
poboadores da zona, resistindo a invasión musulmá. No ano 722, o seu primeiro
rei Pelayo iniciou o avance cara o sur contra o Al- Ándalus. Vénceos na batalla
de Covadonga . Así nace o reino de Asturias.
Pouco
a pouco foron ampliando o territorio a Galicia, León e Castela. Nacen así os
seguintes reinos:
Reino de León No século IX, os
reis asturianos amplían o territorio cara o sur. No ano 910 Garcia I, á morte de
seu pai recibe as terras de León e Castela,
nacendo así o reino de León.
Séculos máis tardes este reino pasou a chamarse reino de León.
Reino de Castela No reino de
León vanse construíndo castelos na parte leste, unha liña defensiva contra os
musulmáns. Este territorio recibe o nome de Castela. O conde Fernán González,
no século X independizouse de León e proclámase rei de Castela.
En
1230 uníronse os reinos de León e Castela na Coroa de Castela e, en 1469, o
matrimonio dos Reis Católicos uniu as coros de Castela e Aragón.
Reino de Portugal No ano 868 dentro do reino de Asturias fundouse o condado
de Portugal.
En 1139 independízase e forma o reino
de Portugal
A Marca Hispánica
Carlomagno, o rei franco, creo unha
liña defensiva contra a invasión musulmá. Nos Pirineos formáronse condados e
marquesados que dan lugar a tres núcleos de resistencia:
Reino de Pamplona-Navarra Viviu o seu esplendor co rei Sancho III o Maior, quen no século XI,
dominou os territorios de Aragón e Castela.
Este reino caería en poder da Coroa
de Castela no ano 1512.
Os condados cataláns Formaban parte da Marca Hispánica que os francos dominaban nos Pirineos. No
século X, o conde Borrell II de Barcelona logrou a independencia.
Reino de Aragón Os condados
aragoneses estiveron baixo o control dos francos ata establecerse como reino no
século XI
En 1164, Aragón e o condado de
Barcelona formaron a coroa d Aragón, á que se uniron no século XIII Mallorca e
Valencia. No século XV a coroa de Aragón únese a Coroa de Castela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario