A que chamamos
feudalismo?
Sistema político, social e económico
baseado nas relacións persoais entre o señor fuedal e os seus vasalos.
Por que se inicia o Feudalismo?
Coa morte de Carlomagno debilítase o
poder do rei que sumado as invasións bárbaras no século IX, que crearon inseguridade,
xa que os reis non puideron defender aos seus súbditos eficazmente. é así como
nace un señor poderoso que protexía aos máis débiles a cambio de terras. A súa
vez, o nobre esixía obediencia dos campesiños a cambio da protección que lles
daba fronte aos ataques invasores. Con isto a autoridade dos nobres terminou
reemprazando á dos reis.
As cidades desapareceron e calquera
actividade económica e social desenvolvese no feudo, polo tanto produciuse un
estancamento do comercio e escasa circulación da moeda. Practicouse unha
economía agrícola e de subsistencia, e dicir, debían satisfacer as súas necesidades
co que se producía no feudo.
Como se organizaba a sociedade feudal?
Grazas a inseguridade, a perda do poder central e as proteccións, créase
unha sociedade dividida en estamentos, entre os que había grandes desigualdades. Estes estamentos distinguían grupos
privilexiados( nobreza, cabaleiros e clero) e os non privilexiados ( burgueses, campesiños
e servos)
Estamentos son os grupos sociais establecidos por sangue, non se podía
pasar dun a outro.
Grupos sociais
PRIVILEXIADOS
PRIVILEXIADOS
Rei: Goberna con plenos poderes políticos ante os seus súbditos.
Nobreza ou señores feudais( alta nobreza): DSon vasalos directos do rei. Teñen grandes títulos: duques, condes, marqueses...
Eran os propietarios dos castelos.
Son os Cabaleiros ( baixa nobreza) .Eran os homes encargados de defender ao feudo das invasións e súa poboación en caso de ataque.Fan a guerra e imparten xustiza Loitaban a cabalo e usaban armas como lanzas, mazos e escudos.
Clero: A igrexa crsitiá xogaba un importante papel na sociedade medieval.

Temos que distinguir entre alto e baixo clero.
Alto clero:Son posuídores de enormes riquezas e terras. Cada mosteiro tiña e administraba os seus propios bens actuando como feudos, O clero administrábase desde Roma a través dos Bispos e Arcebispos, quenes actuaban como señores feudais.
Baixo clero Eran os monxes e sacerdotes. Dedicánse ao coidado dos enfermos e ao ensino. Ás veces sobreviven en condicións similares aos campesiños.
Unha mención especial para o clero regular. Os monxes que vivían nos mosteiros. Alí a norma era "ora et labora". Traballo e oración. Os monxes oraban, meditaban, pero tamén traballaban as terras e nas bibliotecas. Nelas gardaban as copias que facían dos libros, verdadeiras xoias. Eran os gardiáns da cultura.
NON PRIVILEXIADOS
Burgueses: Eran artesáns e comerciantes. Non eran privilexiados, non posuían terras e pagaban impostos.

Campesiños e labregos: Eran familias que se poñían baixo ao amparo dos señores feudais, traballando as
súas terras. Pagaban ao señor con parte das súas colleitas. Non tiñan privilexios, pagaban impostos e vivían en condicións moi duras.
Servos: Eran a maior parte da poboación. Estaban obrigados a traballar como
escravos e estaban privados dos dereitos máis fundamentais. Non tiñan privilexios e vivían en condicións moi duras
Relación de vasalaxe
O rei entregaba ao nobre o feudo e o
convertía no seu vasalo, que lle xuraba fidelidade e comprometíase a axudalo militarmente.
O señor feudal, a súa vez tiña os
seus propios vasalos, nobres de menor rango, que se poñían baixo a súa
protección ao igual que todos os habitantes do seu feudo, a cambio de axuda
militar, ademais de contribuír á administración e aplicación da xustiza.
Para converterse en vasalo había que
cumprir unha cerimonia, a homenaxe da investidura, onde se xuraba fidelidade ao
señor( rei ou nobre de maior rango) e este dáballe protección.
Esta cerimonia consistía en que, o vasalo, sen armas, axeonllábase e
colocaba as súas mans entre as do seu señor. Logo continuábase co xuramento de
fidelidade sobre a Biblia. Para rematar o señor entregáballe : un puñado de terra,
unha bandeira, un anel, espada... que representaba o dominio concedido.
Cales eran os deberes de señores e vasalos?
Deberes do vasalo
Traballo na reserva señorial
Pago de impostos polo uso da terra
Axuda militar
Consello
Deberes do señor
Cesión do manso
Protección militar
Protección económica
Cesión de terras comunais
Ningún comentario:
Publicar un comentario