mércores, 30 de xaneiro de 2019

Celebramos o Día da Paz

Estes días estivemos elaborando unas receitas para a Paz.
Comezamos falando sobre os ingredientes necesarios para conseguir un ambiente libre de violencia: compañerismo, axuda, compartir, tolerancia, respecto, cooperación, aloumiños, diálogo, comprensión, amor….
Todo isto serviunos para recordar que temos que aceptar e respetar ao diferente, ao que pensa diferente, ao que non lle gustan os nosos xogos… 




Logo escribimos as receitas e fixemos un mural para colocalas. 






E que mellor día que o Día da Paz para rematar o mural!




Seguimos celebrando o Día da Paz, xuntámonos no patio cos compañeiros do cole.




E, todos xuntiños cantamos  a canción “ Somos unha marea de xente” de Macaco.

Botádelle un ollo aos vídeos!!!





Estamos satisfeitos porque despois de tanto ensaiar na aula o resultado con todos os compañeiros foi xenial!


E así rematamos a celebración: bicos e abraciños.


Ningún comentario:

Publicar un comentario