Hoxe, convidados polo Concello, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de
primaria achegámonos ao Centro Cultural para ver a película WONDER
Que ganas tiñamos de chegar!
Xa alí, estábamos ansiosos por entrar.
Esperando o comezo!!!
E comeza a proxección
É a historia dun neno da nosa idade
que nace cunha mala formación facial. Ten que sufrir unha morea de operacións e
longos períodos de recuperación na súa casa que lle impiden ir a escola coma os
outros nenos. Vive coa súa familia que sempre o axuda e o protexe. A súa nai deixa todo e adicase a ser a súa mestra.
Pero, chega o momento decisivo. Ten
que enfrontarse a un novo reto igual de difícil: Asistir por primeira vez á
escola, coñecer outros nenos e mestres.

Este é o seu primeiro día na escola.
Esta é unha historia de superación, e cheíña de tropezos, boas intencións e con mensaxes a favor da tolerancia e amizade.
En resumo, unha boa lección de valentía, bondade e amizade.
ENCANTOUNOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario