Hoxe achegáronse
dous gardas forestais ao cole para explicarnos aos nenos de 5º e 6º a
importancia da natureza e o seu coidado.
Nesta charla,
super interesante, explicáronnos en que consiste o
seu traballo, de cómo coidar e protexer todo o que nos rodea
e dos perigos que
ten o bosque como os incendios e as fatais consecuencias como é a menor cantidade de
osíxeno no aire e o esforzo que supón replantar árbores.
Tamén nos falaron
da importancia de respectar as leis para o noso propio beneficio. Que debemos
facer e que non. Ensináronnos fotos da falta de
respecto polo bosque: vertidos e entullos, vandalismo...
Estaban tan
entusiasmados que nos foron contaron que das árbores obtemos diferentes
materiais: madeira, resina, cortiza e en que se transforman como papel,
pegamento, vernices, mobles, bateas.
Outros beneficios
que obtemos dos montes: poder practicar deporte, pescar, cazar, o mel que
fabrican as abellas, os cogomelos, froitas silvestres…

E… o arte tamén
está presente nos bosques!!!
Por suposto, non
se esqueceron dos ríos e de contarnos como comproban o nivel de contaminación que
teñen e como esa contaminación chega ao mar.
Recordáronnos que
o monte é propiedade e ten dono: montes particulares, veciñais e públicos.
Neste está escrita parte da historia: calzadas romanas, petroglifos…
Foi unha charla ben interesante na que aprendemos unha morea!
Graciñas pola vosa visita. Foi unha
gran experiencia!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario