- Os verbos son as
palabras que expresan accións ou estados. Están
formados por unha raíz (aporta o
significado ao verbo, para identificala hai que separar a terminación -ar,
-er, -ir do seu infinitivo) e uns morfemas ou desinencias
verbais (indican
as variacións de persoa, número, tempo e modo). Ex.
result (raíz) - an (desinencia)
• Formas non personais: Son
as formas verbais que non teñen desinencias e están compostas pola raíz e un
sufixo. Son:
Ex. Cantar (infinitivo) cantando (xerundio) cantado (participio)
• A persoa e o número: A
persoa indica quen realiza a acción do verbo. Pode ser quen fala (primeira
persoa), quen escoita (segunda) ou de quen se fala (terceira). O número indica
se a acción do verbo a realiza unha soa persoa (singular) ou varias (plural).
• O tiempo: Indica o
momento no que sucede ou se desenvolve a acción do verbo. Pode ser: presente (a
acción transcorre mentres se fala, ex. escribes), pasado ou pretérito (a acción
é anterior ao momento no que se fala, ex. escribín) e futuro (a acción sucederá
despois do momento no que se fala, ex escribirás).
• O modo: Indica a actitude
do falante ante o que se di. Pode ser: indicativo ( expresa accións reais, ex.
Pedro xoga mañá), subxuntivo ( expresa accións ou estados probables, dúbidas ou
desexos ex. Ogallá xogue mañá) e imperativo ( expresa ordes, consellos o
instruccións, ex . Pedro, ven!).
A conxugación verbal: É o conxunto das formas que expresan unha acción
que ocorre no mesmo tempo e modo. Son os seguintes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario