Amosando publicacións coa etiqueta 2º Trimestre L. Galega 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º Trimestre L. Galega 6º. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de marzo de 2019

O texto

Le o seguinte texto e indica cantos parágrafos ten.

O enunciado e a oración e clases

Segundo a intención do falante os enunciados poden ser:

TIPO
CARACTERÍSTICAS
EXEMPLO

Enunciativas:
Afirmativas ou negativas

Dan unha información

Afirman ou negan algo

Os mexilóns están bos

Hoxe non temos frío

Interrogativas

Plantexan unha pregunta sobre algo ou alguén.

A onde fuches onte?

Exclamativas

Expresan sentimentos: medo, alegría, sorpresa

Coidadiño o cruzar!

Imperativas ou exhortativas

Serven para dar ordes ou instrucións.

Pasa, por favor

O sentido literal e figurado

Tema 8 L. Galega

Tema 8 L. Galega
O sentido literal e figuradoO sentido literal e figurado
 O enunciado, oración e o textoO enunciado, oración e clases 
O texto 
Palabras con ll e con iPalabras con i e con ll
LIM: Ortografía da i e da ll
Practica coa ortografía da i e da ll 
A personificación e a hipérboleA personificación e a hipérbole
Repasamos
Autoevaluación

xoves, 7 de marzo de 2019

Tipos de estrofas

Os tipos de estrofas

As estrofas pódense clasificar en diferentes tipos segundo o seu número de versos, o número de sílabas de cada verso e a rima:

Pareado: dous versos que riman entre si con rima consonante ou asonante. Se os versos son de arte maior, o seu  esquema é AA; se son de arte menor, aa. 

Fomos ficando sós                 a
o mar, o barco e máis nós      a
                  
                   Manuel Antonio, De catro a catro

Terceto: tres versos de arte maior que riman o primeiro co terceiro con rima consonante. O seu esquema é ABA. 

Non pidas palabras. No profundo            A
de min déixame estar, deitado e quedo,   -
deitado como un can ollando o mundo     A

ollando, mentres ti, sobre os restrollos       B
dos meus versos amargos, ves o acedo       -
penar e irte perdendo dos meus ollos         B

                                    Antón Tovar, Arredores

Cuarteto: catro versos endecasílabos (de once sílabas) con rima consonante; riman o primeiro verso co cuarto e o segundo co terceiro. O seu esquema é ABBA. 

Sona o clarín do galo, que vixía         A
o primeiro claro, na capoeira,            B
e o alerta repetido de eira en eira    B
é toque de rebato na campía             A
          
                Ramón Cabanillas, A luzada do día

luns, 4 de febreiro de 2019

Poesía: cómputo silábico e tipos de estrofas

O cómputo silábico.

O cómputo silábico indica a cantidade de sílabas bun verso. Para medir os versos, hai que ter en conta estas regras:

Se a última palabra é aguda, cóntase unha sílaba máis.

Se a última palabra es esdrúxula, réstase unha sílaba.

Cando unha palabra acaba en vogal e a seguinte comeza por vogal, as dúas sílabas cóntanse como una soa. Isto chámase sinalefa.

Segundo o seu número de sílabas, os versos clasifícanse en dous grupos:

Arte maior: versos de máis de oito sílabas.

Arte menor: versos de oito sílabas ou menos.