Amosando publicacións coa etiqueta A poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A poesía. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de marzo de 2019

Tipos de estrofas


Os tipos de estrofas

As estrofas pódense clasificar en diferentes tipos segundo o seu número de versos, o número de sílabas de cada verso e a rima:

Pareado: dous versos que riman entre si con rima consonante ou asonante. Se os versos son de arte maior, o seu  esquema é AA; se son de arte menor, aa. 

Fomos ficando sós                 a
o mar, o barco e máis nós      a
                  
                   Manuel Antonio, De catro a catro

Terceto: tres versos de arte maior que riman o primeiro co terceiro con rima consonante. O seu esquema é ABA. 

Non pidas palabras. No profundo            A
de min déixame estar, deitado e quedo,   -
deitado como un can ollando o mundo     A

ollando, mentres ti, sobre os restrollos       B
dos meus versos amargos, ves o acedo       -
penar e irte perdendo dos meus ollos         B

                                    Antón Tovar, Arredores


Cuarteto: catro versos endecasílabos (de once sílabas) con rima consonante; riman o primeiro verso co cuarto e o segundo co terceiro. O seu esquema é ABBA. 

Sona o clarín do galo, que vixía         A
o primeiro claro, na capoeira,            B
e o alerta repetido de eira en eira    B
é toque de rebato na campía             A
          
                Ramón Cabanillas, A luzada do día




luns, 4 de febreiro de 2019

Poesía: cómputo silábico e tipos de estrofas


O cómputo silábico.

O cómputo silábico indica a cantidade de sílabas bun verso. Para medir os versos, hai que ter en conta estas regras:

Se a última palabra é aguda, cóntase unha sílaba máis.

Se a última palabra es esdrúxula, réstase unha sílaba.

Cando unha palabra acaba en vogal e a seguinte comeza por vogal, as dúas sílabas cóntanse como una soa. Isto chámase sinalefa.

Segundo o seu número de sílabas, os versos clasifícanse en dous grupos:

Arte maior: versos de máis de oito sílabas.

Arte menor: versos de oito sílabas ou menos.

As estrofas pódense clasificar en diferentes tipos segundo o seu número de versos, o número de sílabas de cada verso e a rima:

Pareado: dous versos que riman entre si con rima consonante ou asonante. Se os versos son de arte maior, o seu  esquema é AA; se son de arte menor, aa.

Terceto: tres versos de arte maior que riman o primeiro co terceiro con rima consonante. O seu esquema é ABA.

Cuarteto: catro versos endecasílabos (de once sílabas) con rima consonante; riman o primeiro verso co cuarto e o segundo co terceiro. O seu esquema é ABBA.

martes, 22 de xaneiro de 2019

A estrofa e a rima

Os poemas ou textos líricos están formados por versos que se agrupan en estrofas. 


Unha estrofa é un conxunto de versos cun mesmo tema, con rima ou sen ela. Cada estrofa vai separada por un espazo. 

Dous ou máis versos riman cando a partir da última vogal tónica, coinciden todos ou algúns sons. A rima pode ser de dous tipos:
  • Rima consonante: coinciden as vogais e as consoantes como en Rosa e fermosa.
  • Rima asonante: coinciden soamente as vogais como en destino e vivo.
No poema pode haber un verso que non rime con ningún outro. Nese caso, dise que é un verso libre, solto ou branco.

O cómputo silábico

O cómputo silábico indica a cantidade de sílabas bun verso. Para medir os versos, hai que ter en conta estas regras:
  • Se a última palabra é aguda, cóntase unha sílaba máis.
  • Se a última palabra é esdrúxula, réstaselle      unha sílaba.
  • Cando unha palabra acaba en vogal e a seguinte comeza por vogal, as dúas sílabas cóntanse como una soa. Isto chámase sinalefa.
Segundo o seu número de sílabas, os versos clasifícanse en dous grupos;
  • Arte maior: versos de máis de oito sílabas.
  • Arte menor: versos de oito sílabas ou menos.

Os tipos de estrofas

As estrofas pódense clasificar en diferentes tipos segundo o seu número de versos, o número de sílabas de cada verso e a rima:
  • Pareado: dous versos que riman entre si con rima consonante ou asonante. Se os versos son de arte maior, o seu  esquema é AA; se son de arte menor, aa.
  • Terceto: tres versos de arte maior que riman o primeiro co terceiro con rima consonante. O seu esquema é ABA.
  • Cuarteto: catro versos endecasílabos (de once sílabas) con rima consonante; riman o primeiro verso co cuarto e o segundo co terceiro. O seu esquema é ABBA.