O cómputo silábico.
O cómputo
silábico
indica a cantidade de sílabas bun verso. Para medir os versos, hai que ter en
conta estas regras:
Se a última palabra é aguda, cóntase unha sílaba máis.
Se a última palabra es esdrúxula, réstase unha sílaba.
Cando unha palabra acaba en vogal e a seguinte comeza por vogal, as
dúas sílabas cóntanse como una soa. Isto chámase sinalefa.
Segundo o seu número de sílabas, os versos clasifícanse en
dous grupos:
Arte maior: versos de máis
de oito sílabas.
Arte menor: versos de oito
sílabas ou menos.
As estrofas
pódense clasificar en diferentes tipos segundo o seu número de versos, o
número de sílabas de cada verso e a rima:
Pareado: dous versos que
riman entre si con rima consonante ou asonante. Se os versos son de arte maior,
o seu esquema é AA; se son de arte
menor, aa.
Terceto: tres versos de
arte maior que riman o primeiro co terceiro con rima consonante. O seu esquema
é ABA.
Cuarteto: catro versos
endecasílabos (de once sílabas) con rima consonante; riman o primeiro verso co
cuarto e o segundo co terceiro. O seu esquema é ABBA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario