Este ano vai ser un Entroido
de cine, polo que o primeiro que fixemos foi debuxar unha das nosas películas favoritas,
e con elas fomos á taquilla para sacar a entrada da peli que máis nos gusta, das
sete que están en carteleira.
Cada un de nós,
acadamos a entrada da peli que queriamos!
E SEGUIMOS AS ORDES DO MECO CADA DÍA DA SEMANA
LUNS
Se o entroido queres ver,
algo nos ollos debes traer.
E aquí estamos nós ben obedientes! Gafas , gafas e gafas!
MARTES
Se a garganta queres conservar
o pescozo terás que tapar.
E nós non poiamos fallar, e a gorxa ben adornada está:garabatas, bufandas, pañoletas....
MÉRCORES
Na cabeza debo levar
algunha cousiña para adornar.
Na cabeza debo levar
algunha cousiña para adornar.
E as nosas testas, ben adornadiñas quixemos amosar
XOVES
Queres pasar un día divertido,
ponte o disfrace máis atrevido.
E para divertidos, ninguén coma nós, e... mirade que disfraces tan atrevidos!
Queres pasar un día divertido,
ponte o disfrace máis atrevido.
E para divertidos, ninguén coma nós, e... mirade que disfraces tan atrevidos!
Rematamos o día ensaiando o baile que faremos mañá no desfile.
Mañá, festa rachada!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario