Amosando publicacións coa etiqueta Entroido 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido 2019. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de marzo de 2019

Entroido: festa rachada


E chegou o  gran día!
Despois da posta a punto, dos entrenos ao longo da semana…. Festa rachada de Entroido.



A primeira hora, coas nosas entradas na man, fomos a ver as películas elixidas: Campións, no salón de actos; O gran showmam, na aula  de primeiro.


 De seguido, fomos as aulas a disfrazarnos! 
Como o tema deste ano era o cine, nós decidimos:






No patio, xunto co resto de compañeiros do cole, participamos no desfile e rematamos a nosa actuación cun baile!



Grazas as  nais, pais, avoas… que sempre están dispostos a colaborar puidemos repor forzas. 


Que bo estaba todo!!!! 

E así rematamos a festa!!! 





Pasámolo bombaaaa

xoves, 28 de febreiro de 2019

Quecendo motoressss

Estes días estivemos pondo os motores do Entroido en marcha!

Este ano vai ser un Entroido de cine, polo que o primeiro que fixemos foi debuxar unha das nosas películas favoritas, e con elas fomos á taquilla para sacar a entrada da peli que máis nos gusta, das sete que están en carteleira.




Cada un de nós, acadamos a entrada da peli que queriamos!

E SEGUIMOS AS ORDES DO MECO CADA DÍA DA SEMANA

LUNS 
Se  o entroido queres ver,
algo nos ollos debes traer.  

E aquí estamos  nós ben obedientes! Gafas , gafas e gafas!


MARTES 
Se a garganta queres conservar
o pescozo terás que tapar.

E nós non poiamos fallar, e a gorxa ben adornada está:garabatas, bufandas, pañoletas....


MÉRCORES 
Na cabeza debo levar
algunha cousiña para adornar. 

E as nosas testas, ben adornadiñas quixemos  amosar



XOVES
Queres pasar un día divertido,
ponte o disfrace  máis atrevido.

E para divertidos,  ninguén coma nós, e... mirade  que disfraces tan atrevidos! 









Rematamos o día ensaiando o baile que faremos mañá no desfile. 




Mañá, festa rachada!!!!

venres, 22 de febreiro de 2019

Ordes de meco

Estamos a piques de dar o pistoletazo de saída dunha das festa que máis nos gusta: O entroido

Temos que ir preparando todo o que imos precisar
por iso as ordes do meco xa vos imos deixar