Estamos aprendendo a
facer unha dieta saudable, pero cústanos un pouco porque non temos moi claros algún conceptos
importantes.
Por iso, a profe decidiu
falar con María Cadilla, dietista e mamá do noso compañeiro Pedro para que se
achegara ao cole e nos puidese explicar todas e cada unha das nosas dúbidas.
E aquí a temossss.
Nada máis empezar a
charla, o primeiro que nos dixo é cada un de nós somos diferentes e polo tanto temos
diferentes necesidades alimenticias igual que as temos diferencias físicamente e que nos
temos que respectar sempre.
E comezou cunha bateria de preguntas que nos xeraron máis dúbidas pero inmediatamente nos foi aclarando cada unha delas.
Despois ensinounos como
debe ser o noso prato de comida diaria, explicóunolo dun xeito moi gráfico, cun debuxo do prato.
Pouco a pouco fomos descubrindo que alimentos debian estar presentes na dieta e con que frecuencia podemos tomalos.
Un dos grandes descubrimentos foron os froitos secos polo aporte de proteinas e a cantidade diaria que podemos inxerir.
Foi unha charla moi, moi interesante e na que aprendemos moito e sobre todo, María aclarounos as nosas dúbidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario