Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de febreiro de 2019

Charla: Por unha dieta saudable.

Estamos aprendendo a facer unha dieta saudable, pero cústanos un pouco  porque non temos moi claros algún conceptos importantes.

Por iso, a profe decidiu falar con María Cadilla, dietista e mamá do noso compañeiro Pedro para que se achegara ao cole e nos puidese explicar todas e cada unha das nosas dúbidas.

E aquí  a temossss.


Nada máis empezar a charla, o primeiro que nos dixo é cada un de nós somos diferentes e polo tanto temos diferentes necesidades alimenticias igual que as temos diferencias físicamente e que nos temos que respectar sempre.

E comezou cunha bateria de preguntas que nos xeraron máis dúbidas pero inmediatamente nos foi aclarando cada unha delas.


Despois ensinounos como debe ser o noso prato de comida diaria, explicóunolo dun xeito moi gráfico, cun debuxo do prato. 




Pouco a pouco fomos descubrindo que alimentos debian estar presentes na dieta e con que frecuencia podemos tomalos. 









Un dos grandes descubrimentos foron os froitos secos  polo aporte de proteinas e a cantidade diaria que podemos inxerir. 


Foi  unha charla moi, moi interesante e na que aprendemos moito e sobre todo, María aclarounos as nosas dúbidas.






mércores, 31 de xaneiro de 2018

Presentación do libro: Os Bolechas na deembocadura do río Miño

A Concelleira de Cultura, Elena, achegouse ao cole para presentarnos o novo lobro de Pepe Carreira: Os Bolechas na desembocadura do río Miño.



Contounos un pouquiño del e fíxonos algunhas preguntas sobre o percorrido no que se desenvolve.



E sorpresa! Agasallounos a cada un de nós cun exemplar.



Xa na hora de ler, aproveitamos para lelo  e comentalo.



Na seguinte sesión, aproveitamos para traballar un chisco sobre a lectura e por en practica algunha das moitas cousas que estamos traballando en lingua galega. 



Buscamos ditongos e hiatos, analizamos algunha oración sintacticamente, analizamos nomes....
e definimos algúns termos novos para nós...