venres, 22 de febreiro de 2019

Repasamos sector primario






O sector primario está formado por todas as actividades que obteñen recursos naturais directamente da natureza.

As principais actividades deste sector son:

-     A PESCA: consiste na captura de especies acuáticas para a súa explotación comercial. Pode ser: de baixura (realízase preto da costa e emprega barcos pequenos) ou de altura (realízase moi lonxe da costa- mar a fóra -  e emprega barcos grandes). Na actualidade hai sobrepesca por iso algún peixes como o bacallau está en perigo de extinción.

-  A AGRICULTURA: É o cultivo da terra para obter alimentos como hortalizas,e cereais. Pode ser: de secaño (se só depende da auga da choiva por exemplo cerais, vide e oliveira) ou de regadío (se o agricultor achega auga de xeito artificial a través de sistemas de rega por exemplo hortalizas e froitas). Nos últimos anos nalgúns países desenvólvese a agricultrua biolóxica ou ecolóxica na que non se utilizan substancias químicas.

-    A GANDERÍA: consiste na cría de animais domesticados para obter produtos como carne, la, leite, ovos,… Pode ser: extensiva (lévase a cabo en espazos abertos, ten baixa produtividade e require pouco investimento) e intensiva (está moi tecnificada grazas a grandes investimentos, a produtividade é maior). No 2003 promulgouse en Europa a Lei de Sanidade Animal que protexe aos animais transportados e almacenados.

-  A MINERÍA: Consiste en extraer metais e minerais da codia terrestre. Pode ser: ao descuberto (os materiais están pretos da superficie) ou subterránea (hai que escavar pozos e galerías para chegar ao material.Na actualidade ten un grande impacto no medio natural e os materiais que se extraen son moi contaminantes.

-    A SILVICULTURA: é o aproveitamento e coidado dos bosques para obter madeira, cortiza, froitos,… En España é moi importante a repoboación forestal que permite reducir a desertificación (degradación do chan ata que non é fértil) e os incendios.





Ningún comentario:

Publicar un comentario