xoves, 28 de febreiro de 2019

Descubrimos a primeira etapa do camiño



A primeira etapa deste Camiño pola costa descorre entre Oporto e Labruge.  







Descrición do percorrido:

Entre as dúas poboacións  hai unha distancia de 24 Km.

Tárdase sobre unhas 6 horas en percorrer esa distancia 

A dificultade é media e o desnivel escaso, é unha etapa cha.

Para durmir pararemos en: Oporto: albergue Nossa Senhora do Rosario de Vilar Labruge/Angeiras: Camping Orbitur Angeiras


Podemos selar a  nosa credencial en :
 Oporto: catedral, oficina de turismo, albergue Nossa Senhora do Rosario de Vilar
 Oficina de Turismo Leça da Palmeira
 Angeiras: Camping Orbitur


Nesta etapa podes desfrutar de vistas incomparables do océano e do río Douro, de edificios históricos, parques e praias.

Oporto é a  segunda  cidade máis importante de Portugal. O Camiño comeza na catedral. Desde alí hai que dirixirse á ribeira do Douro,  hasta chegar a súa desembocadura no Atlántico.

Pasamos polas localidades de Matosihnos,  Leça de Palmeira, Angeiras e como fin de etapa Labruge. Unha pequena localidade que invita a descansar e repor forzas para continuar a ruta.  

Ao longo desta etapa desfrutamos :

Patrimonio cultural  moi importante. 

Na cidade de Oporto:

Catedral de Oporto
Palacio Episcopal 
Torre dos Clérigos,  
Castelo de Juan Bautista
Castelo de Queijo
Pontes sobre o río Douro.


Matosinhos y Leça de Palmeira:

Anémona: Escultura de red de Janet Echelman.
Forte de Ntra. Sra. De las Nieves:
Igrexa de Bom Jesus de Matosinhos
Mosteiro de Leça de Balio









  Patrimonio Natural  


Río Douro
Xardín do Paseo Alegre
Parque da Cidade
Quinta da Conceição
Jardim Señor do Padrão 
Desde as orillas do río Douro, pasaremos por un sinfín de praias: Praia da Foz, da Luz, Boa Nova, Leça, Matosinhos, Azul, Aterro, Cabo do Mundo, Memoria, Agudelo, Pedras do Corgo, Quebrada, Pedras Brancas, Pedras do Funtao y Angeiras.

  Gastonomía 



Tripas à moda do Porto" 

Bacalao à Gómez de Sá . 

A francesinha , é o prato máis famoso, e consiste nun sándwich recheo de varias carnes, cuberto con queixo e unha salsa especial.

A bebida típica  é o viño de Oporto  producido na rexión vitivinícola do Alto Douro e é exportado internacionalmente.

 Festas e tradicións  

Entre as festas máis detacadas encontramos a de San Juan en Oporto.

A  do mártir San Sebastián e a Nossa Senhora da Hora en Matosinhos.

Nestas festas as bandas de música e os tradicionales coretos (coros pequenos) animan as rúas, hai fogos artificiais, e exponen artesanía, rememoran lendas e tradicións, etc.  


Curiosidades

Descúbrelas pinchando aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario