luns, 27 de novembro de 2017

Os ditongos e hiatos

Ditongo é a unión de dúas vogais na mesma sílaba, pode estar formado por unha vogal forte ou aberta (a,e,o) e unha pechada ou  débil (i, u): feira, maula, moito ou por dúas pechadas ou débiles (i, u): azuis, viviu. En canto á acentuación, séguense as regras xerais: escóitame, atención.

Hiato
 está formado por dúas vogais que están xuntas pero forman sílabas diferentes. Estas vogais poden ser dúas abertas: bacallau ou unha aberta e outra pechada que sexa tónica: Raúl. En canto á acentuación,  se son dúas vogais abertas, seguen as regras xerais: Xoán; no caso de vogal aberta e pechada tónica, a vogal pechada levará sempre acento, aínda que por las normas xerais non deberan levalo: María

Despois de ler detidamente e aprender estes conceptos realiza no teu procesador de textos estas actividades:
 

1.- Explica con palabras túas os conceptos de ditongo e hiato.
2.-Como se acentúan os ditongos e os hiatos?
3.-. Separa as sílabas destas palabras e despois clasifícaas en ditongos e hiatos:
lúa: raíz:
 baúl: ourizo:  cadea:  gaivota: xersei: froita:
DITONGOS:
 
HIATOS:
 
4.- Pon acento ás palabras que deban levalo e di se son agudas (A), graves (G) ou esdrúxulas (E):
 
náufrago (E), despois (),trailer (), farmaceutico (), aeronautica (),
 terapeuta (), beisbol (), inicial (), axouxere (), vasoira (), feira (), vacaloura (), saude (), sobresainte ().
5.- Completa o seguinte texto poñendo
 i ou u , con ou sen acento gráfico:
hab_a un home fachendoso que tiña mo_tos fumes. Sa_anlle polo nariz, pola boca..., en certa ocas_ón atopo_se cunha muller mo_ fermosa e quixo impres_onala. Fumaredas mestas manaban polos poros da s_a pel. Ela asusto_se e sa_u correndo. O home parec_a unha forgue_ra en plena r_a. Acudiron os bombe_ros e ba_xáronlle os fumes. O home quedo_ fr_o e fe_to un pingallo.
 
6.- Explica por que levan acento gráfico estes pares de palabras:
Rachou a
 saia cando saía do coche. Marchou cos pais a outro país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario