martes, 7 de novembro de 2017

RONDANDO O PATRIMONIO: Unha experiencia difícil de esquecer (2ª Parte)

SEGUNDA CLASE


Empezamos a sesión compartindo os descubrimentos sobre o Mosteiro. Trouxeron pequenas procuras en Internet, contaron anécdotas dos avós, e, incluso, fixeron algún TRABALLO sobre o tema.




IMPRESIONADA! Así é como se sentiu María naquel momento.

Tras compartir aquela morea de información, fixemos un repaso pola historia do Mosteiro, que goza dun pasado moi glorioso no que estivo presente a máis alta nobreza. Este foi dotado de grandes privilexios, polos que velaban os relixiosos Bernardos que eran auténticos señores feudais na Idade Media e veraces monxes artilleiros na Idade Moderna. Ata que en 1835 se produciu a Desamortización de Mendizábal e nada volveu ser o mesmo. Co paso dos anos, o Mosteiro pasou a ser cárcere na Guerra Civil e pertenceu a diversas mans privadas que non conseguiron restablecer aquel maxestoso fulgor, permanecendo na actualidade no esquecemento e nun estado de absoluta decadencia.

Vexamos a presentación empregada para contar dita historia: 



E as súas cariñas de interese e entusiasmo:



No vídeo aparecen catro imaxes duns DEBUXOS que, no presente, seguen pintados nunha das habitacións do Mosteiro.  Os nenos e nenas tiveron que analizalos, antes de explicarlles que fora un campo de concentración durante a Guerra Civil. 


Recordos vividos dun preso





Así rexistraban os días de encarcelamento


Así rexistrou Ramón a súa estadía
Outra forma de contabilizar os longos días
Entre as emocións que sentiron cando viron aquelas ilustracións estaba: TRISTEZA, DESTREZA, MEDO, MELANCOLÍA, PENA, DESGRAZA, MORTE, TERRROR OU ODIO. Alegando que o motivo de que aqueles debuxos estiveran alí podería ser algún dos seguintes:

“Débense a un ataque ó Mosteiro”

“Son pintadas de alguén que estaba escondido e contaba os días para invadir o Mosteiro”

“Fíxoos un soldado que vivía alí e contaba os días para que a Guerra terminara”

“Realizounos unha persoa que estaba na encarcerada e contaba os días para a súa morte”

Esta última hipótese quizais sexa a que máis se aproxima a súa orixe, dado que foron realizadas por presos cataláns que estiveron no Mosteiro. Estes contaban os días que levaban dentro, debuxaban vivencias, ilusións que tiñan…



Neste Eduardo Pérez Míguez, veciño de Oia e sacristán no tempo en que o Mosteiro foi campo de concentración, conta os recordos que ten sobre aquela época de morte e tristeza. Un recurso coma este é clave para comprender o  acontecido, así que lemos algunhas liñas…

Eu levaba todos os días, todos os días á mañá cedo cando iba á misa os bolsillos, na chaqueta, no pantalón, cheos de pedaciños de pan de millo, e xa tiña os amigos.
Tiñan as cociñas no patio de armas ó entrar a porta pa dentro na parte de abaixo tiñan alí uns perolos, facían alí a comida. Por certo, que pensando naquela comida e no que comían e todo iso aínda se me agonía o corpo. Alí unha ola de auga, uns cantos quilos de castañas, que lle tocaría ó mellor a unha ou dúas a cada prisioneiro, iso era o que comían, iso era a comida. O capitán que había alí era de Vigo. O nome del, por sorte non me acorda, solo me acordo do apodo que lle puxeron Capitán Castaña pola comida que… claro! Correuse a voz e mirar aqueles homes ó mellor cun platiño de auga e un pedaciño de pan e a beber…

Volvendo á presentación, tamén se expón outro interrogante que resultou de gran interese para os cativos:

QUENES ERAN ESAS PERSOAS?

O cal se refire á xente que estivo alí encerrada e morreu, maioritariamente, por enfermidades.


Os datos foron extraídos da páxina Nomes e Voces, á que podedes acceder mediante o seguinte enlace: http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?buscar=oia

Para poñer fin a unha clase de historia chea de emocións, visualizamos un vídeo para coñecer cal é o estado actual de dito ben patrimonial. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario