domingo, 5 de novembro de 2017

RONDANDO O PATRIMONIO: Unha experiencia difícil de esquecer (1ª Parte)

PRIMEIRA CLASE
Hoxe somerxémonos no emocionante e descoñecido mundo do patrimonio que tantas quebraduras de cabeza lles trouxo ós nenos e nenas, pois á hora de definilo saíron ideas moi dispares coma que :

“Pode que estea relacionado coa prehistoria”
“Sona a antigo”
“Custa moito diñeiro”



Xa sabían o que era! Estaban listos para comezar a viaxe por algúns dos lugares que conforman o patrimonio da comarca do Baixo Miño, os cales foran construídos na idade moderna ou tiveran un grande esplendor na mesma.

Quizais vos apeteza botarlle un ollo:



Ó final do vídeo aparecen uns interrogantes que dan pé á seguinte pregunta, que lles lanzamos para que responderan en grupos para, logo, poder comentar as súas respostas:

Que lugares da nosa contorna lle poderíamos ensinar este sábado a unha persoa estranxeira?

Entre os máis escollidos estiveron o monte Santa Trega, o Castelo de Santa Cruz, os Muíños do Folón e do Picón e o porto e as praias da Guarda. 



E o Mosteiro de Oia? Por que case ningún grupo o escollería?

Proporcionámoslles 3 PISTAS que os axudarán a ligalo coa historia do noso pobo:

Primeira


O escudo de Oia e unha figueira que aparece en dito escudo

Segunda


Carro que ía de Oia á Guarda ata a praza de San Bernardo ou “Praza dos Porcos”

Terceira

O Colexio dos Xesuítas da Pasaxe

COMEZA A INVESTIGACIÓN NA CASA! 

Saberán algo as familias sobre a historia do Mosteiro de Oia? 

O que está claro é que somos un equipo e entre TODOS sacaremos á luz a grande incógnita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario