sábado, 18 de novembro de 2017

A despedida da profe María

Estes dous últimos tivemos a  enorme sorte de ter connosco a profe María. Así remata a súa formación de prácticas como futura mestra.



Para nós foi un pracer tela pola súa gran implicación, participación e sobre todo pola gran ilusión  e ganas de traballar  que nos foi transmitindo en cada unha das actividades que levamos a cabo da súa man.


Hoxe, para despedirnos dela, fixémoslle unha festa sorpresa!  Pero os sorprendidos fomos nóssss. 





Grazas María! Serás unha mestra fabulosa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario