xoves, 9 de novembro de 2017

RONDANDO O PATRIMONIO: Unha experiencia difícil de esquecer (3ª Parte)

SAÍDA
E por fin chegou o día! 

TODOS e TODAS, incluído as mestras, estabamos moi ilusionados co feito de poder entrar naquel edificio, aínda que non tiñamos permiso para acceder a todas as zonas do Mosteiro polo seu estado.

Aquí tedes algunhas fotiños da saída:



Sen dúbida foi unha experiencia marabillosa dar a clase naquel lugar. Os nenos e nenas sentían curiosidade e interese por coñecer cada recuncho, fixábanse en aspectos que quizais noutrora puidesen pasar desapercibidos, coma un burato na pedra signo da anterior presenza dunha porta. Algunhas nenas incluso decidiron tomar anotacións para non esquecer o que se comentaba. 




Durante o percorrido acompañounos Fina, que é a señora que coida do Mosteiro dende fai 30 anos. Ela contounos anécdotas moi interesantes que vivira dentro daqueles muros, como cando roubaran a ala do Anxo de bronce ou se colaran fotógrafos a facer fotografías sen permiso.


Bótalle unha ollada ó libro que lle fixemos para darlle as grazas!




Tamén falamos con Matilde, unha veciña de Oia de 91 anos, que nos contou os seus recordos de cando estiveron “aquelas coitadas persoas presas neste inferno que era o Mosteiro”. As súas lembranzas chegáronnos a todos os alí presentes ó fondo, custaba crer aquelas historias, porén eran reais. 

Cando rematamos a visita polo Mosteiro, tiñamos unha última sorpresa por descubrir. Achegámonos ata un antigo galpón onde se atopa a LÁPIDA DUN ABADE, que fora roubada pola xente do pobo para construír aquel lugar.


En resumidas contas… unha práctica educativa INESQUECIBLE!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario