venres, 17 de novembro de 2017

Conmemoramos o Día Internacional da Infancia

Para conmemorar o Día Internacional da Infancia, este ano comezamos recordando o noso traballo de cando estabamos en segundo de primaria.

Que ilusión nos fixo vernos e recordar os dereitos que defendíamos!


Partindo desta experiencia e  seguindo as propostas do Equipo de biblioteca empezamos a investigar un chisco  e  buscar  información.




Decidimos escribir, cada un de nós, un novo dereito e defendelo diante dos compañeiros.

O día seguinte baixamos a biblioteca e seguindo a proposta do Equipo de Biblioteca  escribímolos nun post-it e pegámolos na árbore da biblioteca xunto cos de todos os compañeiros do cole .





Tamén fixemos un pequeno mural onde deixamos reflexados os dereitos que consideramos moi importantes. e xogamos




Dereitos da Infancia

E xogamos cos xogos recomendados desde unha das entradas  a biblioteca
https://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/11/juegos-de-los-derechos.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario