Amosando publicacións coa etiqueta Día dos Dereitos do Neno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día dos Dereitos do Neno. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de novembro de 2017

Celebramos o Día Interncional dos Dereitos da Infancia

Hoxe celebramos o Día Internacional da Infancia dun xeito especial!

Xa que a educación é un dos dereitos fundamentais que temos o Equipo de biblioteca propúxonos:  ter unha xornada especial de lectura entre padriños e afillados.

Fomos a biblioteca e escollemos uns libros que nos pareceron moi bos e axeitados para os nosos fillados.



Xa no patio, buscamos aos nosos afillados para iniciar a lectura. 

E... a ler!


venres, 17 de novembro de 2017

Conmemoramos o Día Internacional da Infancia

Para conmemorar o Día Internacional da Infancia, este ano comezamos recordando o noso traballo de cando estabamos en segundo de primaria.

Que ilusión nos fixo vernos e recordar os dereitos que defendíamos!


Partindo desta experiencia e  seguindo as propostas do Equipo de biblioteca empezamos a investigar un chisco  e  buscar  información.




Decidimos escribir, cada un de nós, un novo dereito e defendelo diante dos compañeiros.

O día seguinte baixamos a biblioteca e seguindo a proposta do Equipo de Biblioteca  escribímolos nun post-it e pegámolos na árbore da biblioteca xunto cos de todos os compañeiros do cole .





Tamén fixemos un pequeno mural onde deixamos reflexados os dereitos que consideramos moi importantes. e xogamos




Dereitos da Infancia

E xogamos cos xogos recomendados desde unha das entradas  a biblioteca
https://bibliopepinho.blogspot.com.es/2017/11/juegos-de-los-derechos.html

martes, 14 de novembro de 2017

Recordando

Nestas mesmas datas anos atrás, estivemos traballando os Dereitos da Infancia.















Cremos que un bo momento para o recordo. Seguriño que tamén recordamos o importantes que son estes Dereitos  e o afortunados que somos.




Agora  tedes que reunirvos e investigar un chisco máis. 


Día Internacional dos Dereitos da Infancia

O vindeiro  día, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos

Desde o ano 1924 vense celebrando o Día do Neno e nena, cando as Nacións Unidas aproban en xenebra a Declaración sobe os Dereitos o neno.Hobo que esperar ata o ano 1948, que fose aprobada unha segunda Declaración dos Dereitos do nenos, na se amplian os Dereitos, concretamente dí: A infancia ten " dereito a coidados e asistencia especial"Finalmente, no ano 1959, apóbase a terceira Declaración deste Dereitos, máis detallada e precisa cas anteriores. Recoñece dereitos coma  a liberdade, a non discriminación, dereito a ter unha nacionalidade, a ter un nome.