xoves, 21 de marzo de 2019

Celebramos o Día da Poesía!

Como cada ano, no día de hoxe, celebramos o Día Internacional da poesía.

Este ano, como o Proxecto do centro é “Vive o Camiño”  durante a semana pasada, estivemos buscando e traballando poesías relacionadas con  el.


Onte decidimos escribilas en cartolinas para facer este pequeno recuncho no corredor e compartilas con todos. 









Para celebralo, algo especial tiñamos preparado, 
os nenos de cincos  anos eran os afortunados.
Como están ilusionados traballando o reino animal
decorámoslles e preparamos  esta poesía especial. 


Mentras recitamos, mirade que atentos estiveron!!! 




Despois, cada un dos pequerrechos, elixiu o animal  que máis lle gustaba. 








  
















Foi unha experiencia moi gratificante e enriquecedora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario