Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas 2018. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de maio de 2019

Celebramos o Día das Letras





Convidad@s polo Concello da Guarda, asistimos a un espectáculo musical a cargo de Magín Blanco e "A banda das apertas".




Como era no auditorio de San Benito,  os nenos maiores acompañamos ós mais pequenos....e alá fomos moi decididos a desfrutalo moitooooo







En canto chegamos ao auditorio, sentamos para esperar a chegadas dos demais nen@s de todos os coles da Guarda, 


e mentres....




Comezou o espectáculoooo


Os artistas que nos fixeron cantar, bailar, aplaudir e movernos a rabiar!


domingo, 20 de maio de 2018

Rematamos a celebración as Letras Galegas


O pasado mércores,  o Equipo de Dinamización Lingüística e como remate da celebración das Letras Galegas organizounos  a tómbola da lingua, na que fomos cambiando os puntos logrados durante o curso polo uso do galego na nosa vida diaria, e tamén un circuíto de xogos populares: carreira de sacos, salto de corda, plancha, tabas... no que participamos e pasámolo xenial!!!

martes, 15 de maio de 2018

María Victoria Moreno e a maxía

Arranca a semana de celebracións con motivo do Día das Letras Galegas. O Concello convidounos a un espectáculo de maxía.


O mago, casualmente foi alumno da homenaxeada M VICTORIA MORENO. 










Comezou a súa actuación nomeándomos algunhas das súas obras.

 Entre truco e truco foinos contando cousiñas da súa vida e obra. 




Foi un unha actuación na que todos fomos partícipes.  Uns cantos foron elixidos polo mago convertéronse nos seus axudantes.





Foi unha actuación na que desfrutamos moito. Grazas

xoves, 3 de maio de 2018

Homenaxeando a Mª victoria Morenp

Seguimos traballando con Mª Victoria Moreno

Desde o Seminario Galán bríndannos a biografía para que sigamos coñecéndoa



Tamén nos ofrecen este cadernillo para traballar sobre a súa vida e obra! 






Seguimos descubrindo máis cousiñas de María Victoria Moreno

Acabamos de estrear o mes de maio, o mes das Letras Galegas.

Como ben sabemos, este ano a Homenaxeada é María Victoria Moreno. 


 Unha muller moi especial! Naceu en Valencia de Alcántara, Cáceres.
Falaba moitos idiomas: catalán, portugués, francés, castelán. Nada máis chegar a Galicia e coñecer a nosa literatura e idioma, decidiu falar galego e defender o seu uso. 
Foi unha pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego.

Para que sigades coñecéndoa prestade atención a estes vídeos. 

Vida e obra 








Entrevista 



mércores, 18 de abril de 2018

Investigamos a Francisca Herrero Garrido

Seguimos traballando sobre a segunda das mulleres homenaxeadas polo Día da Letras Galegas: Francisca Herrero Garrido.

Se queredes  decubrila clica no enlace




Estes días estivemos investigando sobre esta singular muller. Coa información recompilada  fixemos unha exposición para os nosos compañeiros.



Compartimos a infomación no mural colectivo.







luns, 16 de abril de 2018

A primeira muller homenaxeada polas Letras Galegas

Esta semana descubrimos cousas novas de Rosalía de Castro. 
Seguimos interesados en decubrir máis cousiñas se ti queres descubrirlas clica no enlace.


Así os fomos facendo:





Compartimos cos nosos compañeiros e pegamos no mural os resultados!




domingo, 15 de abril de 2018

Descubrindo a María Moreno

Neste trimestre, imos dedicar un tempiño a investigar  as mulleres que foron homenaxeadas polo Día da Letras Galegas, seguindo a invitación do Equipo de Dinamización Lingüística.

Dende que no 1963 a Real Academia Galega decidiu honrar cada ano a memoria dunha persoa que se distinguise pola súa achega ao universo literario galego e á súa fala. O primeiro nome foi o da gran Rosalía de Castro, aproveitando que naquel ano se celebraba o centenario da edición da súa obra con máis sona "Cantares Gallegos".

Este ano celébrase a LIV edición do Día das Letras, e a homenaxeada vai ser outra muller: MARÍA VICTORIA MORENO

Estivemos investigando por grupos. Fixemos a posta en común. Entre todos eliximos o que nos pareceu máis significativo da súa biografía e da súa obra.



A continuación baixamos a entrada do cole e alí pegamos a información recompilada para compartila con todos os compañeiros do cole. 


Seguiremos investigando!

luns, 9 de abril de 2018

Coñecendo a María Victoria Moreno Márquez

Breve reseña
María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005), licenciada en Filoloxía Románica pola universidade de Madrid, en 1963 conseguiu unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra, establecéndose en Galicia. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e o convertiu na súa lingua. Desde entón, toda a súa obra literaria está escrita en galego. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil, como Leonardo e os fontaneiros, Mar adiante, O cataventos e Festa no faiado. A súa novela Anagnórise, xa traducida ao castelán, obtivo un grande éxito entre os lectores, e figura na lista de honra do IBBY de 1990. Con Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002. Colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da Editorial Galaxia dende 1988, ano da súa creación.

OBRAS DA AUTORA