Amosando publicacións coa etiqueta Os nosos traballos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os nosos traballos. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de outubro de 2018

Pintamos bodegóns!

Levamos dúas semanas traballando con Salvador Dalí. Descubrimos a súa biografía, que por certo, nos sorprendeu moitísimo. Foi un home moi polifacético xa que ademais de pintor foi escultor, escritor…
Seguiremos investigando sobre este xenial pintor.
Intetamos reproducir un dos seus bodegóns  fixándonos moito nos claros e oscuros e na luz.

Así fixemos os nosos bodegóns!

Quedaron xeniais, verdade? Nós estamos orgullosossss

xoves, 21 de xuño de 2018

Os nosos traballos de plástica

Este curso, en plástica fixemos unha morea de traballos utilizando diversas técnicas. A profe Linda foinos explicando cada unha delas.



Estes son agúns dos nosos traballos!!! 

Queron chulos verdade?? 

xoves, 3 de maio de 2018

Participamos no concurso de carteis

Un ano máis, ORPAGU, invitounos a participar no concurso de carteis para anunciar a Festa do peixe espada. Esta festa organízanna co fin de  promocionar o consumo deste peixe que eles pescan cada día.

Tanto a técnica coma o deseño foron de libre elección. 












Fíxémolos nas horas de plástica coa profe Linda. 










Estes son os resultados!!! 





Quedaron chulos verdade?





Sentímonos moi contentos cos resultados!!!

domingo, 29 de abril de 2018

Taller de escritura

Seguimos trabajando la ortografía!
Esta semana es la de la J

Como lo hacemos?



  • En casa buscamos palabras que se escriban con j
  • Las anotamos en nuestras cabecitas
  • Al llegar al aula,  las escribimos en papeles de color
  • Las  vamos leyendo para descartar las repeticiones
  • Las pegamos en el panel de la J
  • Hacemos juego de palabras, sus derivadas, oraciones, dictado de las palabras, separamos raíz, sufixos y prefijos...


domingo, 15 de abril de 2018

Descubrindo a María Moreno

Neste trimestre, imos dedicar un tempiño a investigar  as mulleres que foron homenaxeadas polo Día da Letras Galegas, seguindo a invitación do Equipo de Dinamización Lingüística.

Dende que no 1963 a Real Academia Galega decidiu honrar cada ano a memoria dunha persoa que se distinguise pola súa achega ao universo literario galego e á súa fala. O primeiro nome foi o da gran Rosalía de Castro, aproveitando que naquel ano se celebraba o centenario da edición da súa obra con máis sona "Cantares Gallegos".

Este ano celébrase a LIV edición do Día das Letras, e a homenaxeada vai ser outra muller: MARÍA VICTORIA MORENO

Estivemos investigando por grupos. Fixemos a posta en común. Entre todos eliximos o que nos pareceu máis significativo da súa biografía e da súa obra.



A continuación baixamos a entrada do cole e alí pegamos a información recompilada para compartila con todos os compañeiros do cole. 


Seguiremos investigando!

luns, 19 de marzo de 2018

Para os nosos papis!

Hoxe adicamos un tempiño aos nosos pais porque son os mellores!!!


Este é un pequeno agasallo para eles

Canto o queremos!

Feliz día papis!

domingo, 22 de outubro de 2017

Comprobamos os diferentes tipos de reprodución asexual

Para entender mellor a reprodución asexual das plantas trouxémolas a clase e fomos comprobando e explicando  o proceso. 


Mirade os vídeos














mércores, 18 de outubro de 2017

Por unha Galicia verde! Non ó lume

Durante esta fin de semana sentimos medo, angustia, pena, enfado, rabia.... porque o lume infernal  rodeou  a unha morea de pobos e aos seus habitantes. Vimos imaxes que tardaremos moito tempo en esquecer e que  non queremos que se  repitan xamais.

O luns, foi o tema principal do que falamos en todas as aulas, os incendios e as súas consecuencias. Que lástima sentimos, pero que ganas de volver a ver a nosa Galicia verde!!!

Entre todos fixemos un mural no que cada árbore, representa as nosas ganas de que non se repitan estes atroces incendios e que se recuperen os nosos montes e arredores canto antes.

Todos imos por o noso gran de area para conseguir ver cumplido o noso desexo.
             

POR UNHA GALICIA VERDE NON AO LUME!!!