xoves, 15 de marzo de 2018

Colleita de palabras


Desde o Equipo de Dinamización, convidáronos a participar nunha nova actividade " Colleita de palabras"

Pero, en que consiste?
Temos que recoller palabras galegas  que se están perdendo na nosa zona

Onde as podemos atopar?
Escoitando, preguntando  as nosas nais, pais, avós, veciños....

Que facemos con elas?
Escribímolas nun  documento modelo que temos a vosa disposición onde escribiredes a  palabra, onde a escoitaches, a súa definición e  escribiredes unha frase con ela. 

Comezamos!

Xa temos as primeiras!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario