mércores, 5 de setembro de 2018

Benvidos ao novo curso!!


Despois das tan merecidas vacacións, en nadiña,  un novo curso escolar!

Os Mestres volvemos á carga! Vimos cheos de boas enerxías, entusiasmo e ilusións.

Nesta aventura que estamos apiques de comezar, espéranvos novos  mestres e compañeiros, novos retos, novas oportunidades…

Este curso vai ser una oportunidade para construír, para renovar, para recordar, para recrear, para aprender, para medrar, para compartir, para escribir, para ler…. E tamén vai a estar marcado polo valor das pequenas cousas e polos bos hábitos do día a día.

Espéranos dez meses cheos de actividades, oportunidades de aprendizaxe, esforzo, tarefas, ganas de aprender, convivencia ….xogos, risas, proxectos….

Estades preparados? Veña!
 Comezamos o mércores 12!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario