Como cada ano, no día de
hoxe, celebramos o Día Internacional da poesía.
Este ano, como o Proxecto
do centro é “Vive o Camiño” durante a
semana pasada, estivemos buscando e traballando poesías relacionadas con el.
Onte decidimos
escribilas en cartolinas para facer este pequeno recuncho no corredor e
compartilas con todos.
Para celebralo, algo especial tiñamos preparado,
os nenos de cincos anos eran os afortunados.
Como están ilusionados traballando o reino animal
decorámoslles e preparamos esta poesía especial.
Mentras recitamos, mirade que atentos estiveron!!!
Despois, cada un dos pequerrechos, elixiu o animal que máis lle gustaba.
Foi unha experiencia moi gratificante e enriquecedora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario