Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro 2019. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de abril de 2019

Xincana literaria

Seguimos celebrando o Día do Libro!!!


Seguindo as directrices do Equipo de Biblioteca, o xoves  estivemos na biblioteca realizando a actividade  cooperativa XINCANA LITERARÍA, .

Que tiñamos que facer?
Empregar a biblioteca para investigar e apreciar a axuda e colaboración dos compañeiros para acadar uns obxectivos.

Como o fixemos?
Formamos equipos de cinco nenos.
Buscamos un nome para o equipo
Organizámonos para buscar a información utilizando os recursos da biblioteca.


Comezamos o traballo!







Foi unha actcividade na que desfrutamos un montón!!!!!


martes, 23 de abril de 2019

Un libro para nós é...

Despois de pensar un chisco, un libro para nós é…… unha morea de cousas, tantas como cada un de nós.

Escoitade!





Libro: El sueño del maestro Mateo

Hoxe é un día especial, celebramos o Día do Libro!!!
E que mellor maneira de facelo que lendo un libro, un libro que nos vai a contar un soño, un soño xenial.

Imos lelo xuntos!!

luns, 22 de abril de 2019

Día Internacional do Libro


Hoxe celebramos o Día do Libro. 

Os libros non teñen prexuízos, están  esperando que os collamos, que lles botemos un ollo, que os abramos, que descubramos as sabedorías que teñen agochadas. 

Son tan distintos coma os gustos e lévannos de viaxe sen necesidade de pasaporte porque para eles non hai barreiras.

As súas páxinas poden cambiar as nosas vidas, deberíamos aprender delesss



Ler é divertido! Imos recordar a historia  do libro, as súas partes e tipos.





E… o Equipo de Biblioteca, nesta data tan especial, formúlanos esta pregunta??

 E que é un libro para ti?

Colle lapis e papel e cóntanossss