Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
luns, 17 de decembro de 2018
sábado, 15 de decembro de 2018
mércores, 12 de decembro de 2018
Teatro: Espantallo amigo
O equipo da biblioteca en colaboración coa Editorial Galaxía propuxéronnos ler o libro ESPANTALLO AMIGO de Xosé Neira Vilas. Pouco a pouco, fomos descubrindo unha historia sorprendente, chea de xenerosidade e amizade da man das personaxes: o Tío Ramón de Reborneda, os merlos, o espantallo, o can Penexo, o grilo, o gato Xirimía, as nubes e dous irmáns moi pobres.
E... hoxe, fomos ao Centro Cultural, para ler doutro xeito o libro das mans do grupo Quinquilláns.
Estabamos espectantes e desexosos por comenzar!
O espantallo que fixo o Tío Ramón,
non é un espantallo calquera. A súa misión non era salvar os figos, en
realidade era para facer que os habitantes do pobo se axudanse uns a outros e
fosen amigos.
Cando acada o seu obxectivo, decide iniciar unha viaxe aproveitando o vento para ver o mundo. Desde o alto, descobre a unha parella de nenos moi pobres.
A súa xenerosidade é tanta, que decide deixar de existir para darlles todo o que ten: roupa, comida, leña, palla e calzado para que poidan pasar un bo inverno.
Durante a representación houbo
momentos para as risas, para cantar e mesmo para bailar pero sobre todo para
pensar e reler o libro de novo.
Foi unha experiencia xenial! Como nos gustou!!!
Bótadelle un ollo ao vídeo!
Bótadelle un ollo ao vídeo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







