venres, 17 de maio de 2019

Celebramos o Día das Letras





Convidad@s polo Concello da Guarda, asistimos a un espectáculo musical a cargo de Magín Blanco e "A banda das apertas".




Como era no auditorio de San Benito,  os nenos maiores acompañamos ós mais pequenos....e alá fomos moi decididos a desfrutalo moitooooo







En canto chegamos ao auditorio, sentamos para esperar a chegadas dos demais nen@s de todos os coles da Guarda, 


e mentres....




Comezou o espectáculoooo


Os artistas que nos fixeron cantar, bailar, aplaudir e movernos a rabiar!


Exposición traballos PDI Vive o Camiño

O resultado das investigación que levamos feitas sobre o PDI  VIVE O CAMIÑO, relacionado co Camiño Portugués pola Costa, deixámolas plasmadas en diversos murais e libros.



Xunto cos outros centros da localidade fixemos esta exposición común.




















NON DEIXES DE VISITALAAAAAA



venres, 10 de maio de 2019

Rematamos os compases


Onte,  estivemos decorando as caixas dos nosos compases e dándolles os últimos toques.










Que chulos nos quedaron!!!!!

xoves, 9 de maio de 2019

A arte dos mil puntos


Durante  o que vai de trimestre, na área de plástica, levamos a cabo unha actividade que nos encantou: A arte dos mil puntos.

Partimos dun  folio no que tiñamos debuxados mil puntos, o traballo consistía en ir unindo os puntos por orde. 







Que paciencia tivemos!










O paso seguinte, foi investigar para identificar o cadro e o autor e decidir que técnica íamos usar.




E mans a obra!










Rematamos a actividade pondo o debuxo sobre unha cartolina, escribindo o nome do cadro e autor e facéndolle un marco con puntos







Este é o resultado final! 












mércores, 8 de maio de 2019

Coñecemos o Pórtico da Gloria paso a paso

Como broche final do Proxecto, hoxe imos ver o Pótico de Gloria detalle a detalle, clicade na imaxe e descubride  todooooo