mércores, 10 de xullo de 2019

Entrega de premios aos mellores expendientes académicos


O pasado luns,  catro compañeiros vosos recibiron de mans de Antonio Lomba, e Fátima Rodríguez, Alcalde e Concelleira de Educación da Guarda, os premios aos mellores expedientes académicos do curso de 6º de primaria do CEIP A Sangriña, xunto cos compañeiros de os outros centros da localidade.


Estes  premios son o resultado do  seu esforzó, constancia e ilusión polo traballo diario e sobre todo polas súas ganas de aprender.







Seguide  así e lograredes todo o que vos propoñades.


PARABÉNS CAMPI@NSSSSS



Sara, gaña o concurso do cartel do peixe espada

A nosa compañeira, Sara Lomba, co seu colorido debuxo gaña o concurso convocado por ORPAGU para anunciar a festa do peixe espada deste ano.



PARABÉNS SARA

xoves, 20 de xuño de 2019

Vídeos do festivl de fn de curso

GALITRONIC

 ANDANDO A COMPOSTELA

 O SON DO CAMIÑO

A SANTIAGO ME VOY

 TIEMPO CON TIEMPO

 ANDIVÉCHESTE ALABANDO


 ROMANCE DE DON GAIFEROS DE MORMALTÁN


MI TIERRA


CANTIGA Nº 100

GOTTA FEELING

mércores, 19 de xuño de 2019

Festival fin de curso


A piques de rematar o curso, como cada ano, hoxe fixemos o festival!
A temática deste curso é a mesma que a P.D.I. “Vive o Camiño" nela descubrimos o Camiño Portugués pola costa.

Comezamos a actuación representando GALITRONIC Ao mesmo tempo que uns alumnos pintaban a catedral de Santiago ( que sería a decoración de todo festival) outros facían o baile.



E chegan os pequerrechos do cole,os nenos de tres anos!



Interpretaron acompañados das cunchas  a peza musical ANDANDO,  fixérono xenial!!!


Con claves, caixas chinesas, carilón, metalófonos, pratos, frautas, pandeiros e triángulos, 33 alumnos de todos os cursos de primaria interpretaron estupendamente O SON DO CAMIÑO

A peza tan coñecida como  A SANTIAGO ME VOY, foi interpretada e bailada formidablemente polos alumnos de 4 e 5 anos.


E o coro do cole non podía faltar! 
Interpretaron dúas pezas que nos deixaron apanpados do ben que o fixeron.
  • ANDIVÉCHESTE ALABANDO
  • TIEMPO CON TIEMPO




Non podía faltar algo medieval!  33 alumnos mesturados de primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto de primaria, interpretaron o ROMANCE DE  DON GAIFEROS DE MORMALTÁN


 


E coma en toda celebración sempre hai unha sorpresa! 


E… aquí a temosss. MI TIERRA, nela participan 29 alumnos  de todos os cursos de primaria e A PROFE ROSA como parella de IVÁN!!!




Foi unha actuación que nos engallou a todos!!!

De seguido, algo máis relaxado: CANTIGA Nº 100.

No escenario, paos chinese, crótalos, frautas,metalófono, bombo,pandeiros, triángulo e , 45 compoñentes de primaria con  Rosa ao piano interpretaron a obra  esplendidamente.


E para rematar, os alumnos de 6º de primaria, quixeron dedicarnos un baile coa música L GOTTA FEELING como a súa despedida do cole.

 



Foi unha xornada chea de nervios, pero coa que desfrutamos unha morea.
E esta foi a respostas dos alumnos e profes o rematar o festival

RO- SA! RO- SA! RO-SA! 

Grazas Rosa por esta maravilla de festival!!!



martes, 18 de xuño de 2019

Unha sorpresa chea de sentimentos


Chegar ao cole para a festa de graduación dos meus alumnos , e atoparme con este mural cargado de tanto cariño, realmente chegoume a alma, emocionoume e encheume de ledicia!!!





E agora quero explicarvos porque vos chamo OS MEUS NENOS, porque despois de dous
anos, aprendendo contidos,compartindo experiencias, alegrías, enfados, risas… non sodes un simple nome na miña lista de aula, se non, unha parte do meu corazón!

Moitísimas grazas rapaces!!Sodes xeniais!!!

Graduación

Esta Etapa de Primaria chega ao seu fin e hoxe imos facer a vosa GRADUACIÓN en Educación Primaria.

Así comezou a celebración!

Esta etapa que está apiques de rematar foi moi importante, nela que fúchedes medrando tanto ao alto, en coñecementos e como persoas e aprendendo unha morea de cousas que ben seguro van quedar ancoradas nas  vosas vidas para sempre.

As vosas mestras estamos moi, moi orgullosas de vós, sodes uns rapaces cos que o traballo, en moitas ocasións, converteuse en diversión. E queremos que saibades que nós tamén aprendemos  de vós.


Entrega de bandas e diplomas



Foi unha delicia traballar convosco !!!

Aquí dedixamos as fotos para que poidades gardalas como recordo.