Desde o Equipo de Dinamización,
convidáronos a participar nunha nova actividade " Colleita de
palabras"
Pero, en que consiste?
Temos que recoller palabras
galegas que se están perdendo na nosa
zona
Onde as podemos atopar?
Escoitando, preguntando as nosas nais, pais, avós, veciños....
Que facemos con elas?
Escribímolas nun documento modelo que temos a vosa disposición
onde escribiredes a palabra, onde a
escoitaches, a súa definición e escribiredes unha frase con ela.
Comezamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario