O venres tivemos o privilexio de coñecer en vivo e directo ao autor Antonio García Teijeiro.
Durante varias semanas estivemos traballando o libro "Poemar o mar" Foi un libro que nos encantou polas súas poesías cargadiñas de sentimentos, emocións ....
Sabiamos que Antonio García Teijeiro ía vir a visitarnos e decidimos investigar sobre a súa vida e obras. Descubrimos que este libro pertencía a unha triloxía sobre o mar.
Queriamos facer algo especial para el, e así foi como xurdiu a idea de ilustrar as súas poesías e facer un libro xigante.
Que nerviosos estabamos!
Recibímolo na biblioteca, e escoitámolo con moito interese.Contounos unha morea de cousas e participamos nas actividades que nos fixo. Quedamos encantados!!! Eres único!
Graciñas Antonio, foi unha experiencia que non esqueceremos nunca.
Clicade na imaxe e veredes o resumo que se publicou no blog da biblioteca
Máis imaxes e vídeos
Ningún comentario:
Publicar un comentario