Este foi o lugar elixido polos nenos con moita ilusión e expectativas de coñecer unha morea de animais salvaxes e...pleno na súa elección!
Moitas
sorpresas nos estaban esperando!
O zoo
conta con gran variedade de animais: Canciño da pradaría, pingüíns, panteras
das neves, monos, hipopótamos, rinocerontes, suricatas, loros, capibaras,
tapires, llamas e moitos máis...
Unha
das sorpresas que máis non chamou a
atención foron os canciños da pradaría. Parecían que estaban xogando ao
escondite entrando e saíndo nos
buratos que teñen feitos e que son a entrada
das súas tobeiras.
Como nos gustaron!!!
Pero a
sorpresa maior e impáctante do día foi o hábital dos leóns e a súa particularidade
especial! Un túnel de vidro que nos deixou velos tan cerquiña, e estar debaixo deles, foi algo único!
No
percorrido atopámonos coa zona da sabana africana na que conviven varios
animais: cebras, avestruces, antílopes, rinocerontes, camelos.... Botamos de
menos as xirafas!
Outros
animais que nos fixeron desfrutar cos
seus xogos na auga foron os pingüíns, nutrias e rinocerontes. Foi unha delicia
contemplalos!!!
Aves
de todos os tipos: loros, aves exóticas e de rapiña, flamencos, lémures,
guacamaios, pavos reais, patos, cisnes negros....
Os
canguros, e sobre todo o albino tamén nos gustaron moito. E non podemos
esquecernos dos tigres e dos guepardos!!!
O
espazo dedicado a selva, a casa dos réptiles, a casa dos animais nocturnos
foron outros dos lugares que descubrimos!!!
Comemos
no mesmo zoo, nun espazo habilitado con
mesas e un parque infantil.
Podemos
dicir que é un zoo ben coidado e onde os animais están impecables.
Pasámolo
xenial!!! Quedamos con ganas de repetir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario