mércores, 27 de xuño de 2018

Festival fin de curso

Como pasa  o tempo!" 

Parece que fai nada que comezamos este curso, e xa está a piques de rematar!!!

E como vén sendo habitual, celebrámolo fancendo un festival para os nosos pais e para nós mesmos.

Hoxe fomos os protagonistas  xunto coa nosa mestra de música ROSA. Ela é a que ano tras ano nos dirixe e transmite todo ese bo facer que ten!
Tamén nos presentou o coro do colexio do que é a súa directora!

Aquí quedan as nosas actuacións, e ese traballo  excelente da nosa mestra  Rosa!!!

Primeira  actuación do coro: A CUCARACHA



Os máis pequerrechinos do cole acompañados por Saray, Erika, Marco e Sara  interpretaron "AS CATRO ESTACIÓNS DE VIVALDI" así de ben!! 

Infantil 3 ANOS




Infantil 4 ANOS



Infantil 5 ANOS 





O coro, de novo, deleitanos coa peza MI NIÑA DUERME




Despois destas marabillosas interpretacións, chegan os máis marchosos do cole interpretando BACK IN BLACK ACDC. 

Os roqueir@s de PRIMEIRO!!! 




Nesta actuación eses panos tan ben movidos simulan o mar. Así de chula quedou a interpretación " O XOGO DAS ONDAS, DEBUSSY" polos alumnos de SEGUNDO! 


Este coro tan marchoso interpreta: SAMBA LELÉ



Cambiamos de estilo, é a hora do JAZZ. 
Os alumnos de TERCEIRO, acompañados por Rosa, fixérono tan ben que nos soubo a pouco!!!




E chega  momento de recordar OS MUSICAIS, nesta ocasión os alumn@s de CUARTO E COA COLABORACIÓN DE YARA E MARTA interpretaron estupendamente a canción  ANOTHER DAY OF SUN.



E de volta... o coro! Interpreta CANCIÓN DEL TREN

 


E... os alumn@s de QUINTO E SEXTO, interpretaron dúas ÓPERAS!!! 
A primeira delas AÍDA,  VERDI, foi interpretadada maxestuosamente polos alumn@s de 5º A 



A segunda Ópera, A FRAUTA MÁXICA, DE MOZART, correu a cargo dos alumnos de 5ºB, 6ºA e 6ºB, que a interpretaron fabulosamente!  




E  así  chega o fin!!!!! MOITAS GRAZAS ROSA





Ningún comentario:

Publicar un comentario