xoves, 15 de novembro de 2018

As vertentes


AS VERTENTES
Unha vertente é un conxunto de terras con ríos que desembocan no mesmo mar. En España hai tres:

- VERTENTE CANTÁBRICA: Está formada polos ríos que desembocan no mar Cantábrico. Son ríos curtos, caudalosos e de réxime regular. Os máis importantes son: Eo, Navia, Nalón, Saja, Nervión e Bidasoa.


- VERTENTE ATLÁNTICA: Está formada polos ríos que desembocan no Océano Atlántico. É a máis extensa e os ríos son moi diferentes entre si:
Os ríos de Galicia son curtos, caudalosos e de réxime regular. Os máis longos son o Miño e o seu afluente o Sil.
Os ríos da meseta son longos e de réxime irregular. Os máis longos son o Douro, o Texo e o Guadiana.
Os ríos de Andalucía excepto o Guadalquivir, son curtos, pouco caudalosos e de réxime irregular como o Odiel e o Tinto.


VERTENTE MEDITERRÁNEA: Está formada polos ríos que desembocan no mar Mediterráneo. Excepto o Ebro, son ríos curtos, pouco caudalosos e de réxime irregular. Os máis importantes son: Llobregat, Ebro, Turia, Xúquer, Segura e Guadalhorce.



Ningún comentario:

Publicar un comentario