Esta semana, de xeito moi especial, estivemos traballando, reflexionando sobre a situación complicada das persoas que sofren violencia de xénero.
Partimos da lectura do libro " As zapatillas deportivas de Sofía" e dos intereses e coñecementos dos rapaces, dándolles así, a posibilidade tanto de reflexionar como organizar e compartir os seus sentimentos, opinións e coñecementos sobre o tema da violencia de xénero.
Entre todos, fomos facendo unha lista de palabras e frases para manifestar o noso desacordo con esta situación e outra coas frases que recollen o noso punto de vista para evitar estas situacións.
As que máis nos gustaron, plasmámolas nunhas bolboretas que colocamos no mural colectivo organizado pola Comisión de Convivencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario