Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de novembro de 2018

Traballamos contra a violencia de xénero




Esta semana, de xeito moi especial, estivemos traballando, reflexionando  sobre a situación complicada das persoas que sofren  violencia de xénero.







Partimos  da lectura do libro " As zapatillas deportivas de Sofía" e dos intereses e coñecementos dos rapaces, dándolles así, a posibilidade tanto de reflexionar como organizar e compartir os seus sentimentos, opinións e coñecementos  sobre o tema da violencia de xénero.


Entre todos, fomos facendo unha lista de palabras e frases para manifestar o noso desacordo con esta situación e outra coas frases que recollen o noso punto de vista para evitar estas situacións.


As que máis nos gustaron, plasmámolas nunhas bolboretas que colocamos no mural colectivo organizado pola Comisión de Convivencia.













Deste xeito, garantimos a comprensión deste problema e potenciamos o seu compromiso a favor do cambio. 

luns, 19 de novembro de 2018

Día internacional contra a violencia de xénero


O 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Este é un problema  enorme e que é fundamental loitar contra el desde todos os ámbitos para eliminalo.


Por iso, imos seguir falando e tratando este problema na clase. Esta semana farémolo dun xeito especial. 

Leremos e comentaremos "As zapatillas deportivas de Sofía" 

Que podemos facer nós?
Entre todos, faemos unha lista de pequenas cousas que están na nosa man para tentar erradicalo.


venres, 24 de novembro de 2017

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Despois de ler esta novasete menores morreron a mans dos seus pais ou das parellas ou ex-parellas das súas nais. Desde o ano 2010 estes verdugos levan matado a 28 nenos,  e por que non queremos que se repita nin unha soa vez máis estas situacións de violencia contra as mulleres, estivemos falando, investigando e vendo vídeos nos que aprendemos que comportamentos non debemos repetir nin consetir NUNCA.

Decidimos facer unha sesión fotográfica na que simulamos situacións de maltrato, de medo, de pánico, de violencia dixital que sofren moitas mulleres a diario. 



Con elas fixemos unha exposición fotográfica que chamamos: Fala!



Logo decidimos darlle a volta a estas situación porque nós  queremos que este terrible drama se acabe e que  a única cara da moeda sexa o entendemento, a comprensión, o diálogo... Quérete



Non permitades que ninguén borre estes sorrisos!

luns, 20 de novembro de 2017

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O vindeiro venres, 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

AMORES QUE MATAN!
Case a diario escoitamos nos medios de comunicación novos casos de violencia de xénero. Son tan habituais que case non lles prestamos atención. Parece que non vai nada con nós. A realidade está aí e non  podemos facernos xordos. Son moitas as persoas que están sufrindo esta situación.


Nesta entrada deixámosvos varios vídeos e enlaces para que investiguedes e sexades conscientes deste terrible drama.
O 2017 é o ano con máis nenos asasinados por violencia de xénero contra  as súas nais ( clica na imaxe para ler a nova)

Sete menores morreron a mans dos seus pais ou das parellas ou ex-parellas das súas nais. Desde o ano 2010 estes verdugos levan matado a 28 nenos





Moi atentos a estes vídeos!