luns, 3 de decembro de 2018

Charla sobre un simulacro de evacuación


Un membro do equipo do GES do Concello achegouse hoxe ao noso cole para darnos unha charla sobre como debemos actuar ante un simulacro de evacuación.



Pouco a pouco,  foinos  contando cada un dos pasos esenciais que debemos seguir. 
Nós estivemos ben atentos e preguntámoslle as dúbidas que tiñamos.



Resaltou moito a importancia de seguilos e respectalos e sobre todo que saibamos manter a calma e polos en practica.


Foi unha charla moi interesante e que  seguro nos vai servir moito noso futuro.

Graciñas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario