mércores, 19 de decembro de 2018

Visita o Asteleiro da Pasaxe: Construción do volanteiro guardés

Hoxe tivemos o privilexio de visitar o Asteleiro da Pasaxe, alí puidemos ver en vivo e directo como están construíndo a embarcación tradicional “ volanteiro guardés”.





Antes da saída, estivemos recordando como comezou a súa elaboración,  que materiais  utilizan para a súa construción…


Cando chegamos ao Asteleiro estaban Tito, Tomás,  membros da Asociación Cultural  de Embarcacións Tradicionais PIUEIRO esperándonos.

Despois de presentarnos, comezaron as súas explicacións que escoitamos con moita atención.


Nós estabamos impacientes e rapidamente comezamos a facerlles preguntas  que foron contestadas unha por unha.

E… algo que non esperabamos. Deixáronnos subir a embarcación! 




Que ben se apreciaban os traballos  minuciosos e que sorpresa levamos, desde abaixo non parecía tan grande como é !!!


Graciñas a Asoción Piueiro por brindarnos a posibilidade desta visita sorprendente, instructiva e que sempre recordaremos na nosa memoria. 

Resumo da actividade



Ningún comentario:

Publicar un comentario