Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía 2019. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de febreiro de 2019

Viva Rosalía

Esta semana,  estivemos recordando a vida e obra da nosa poeta estrela: Rosalía de Castro.
Ela que defendeu  o uso do galego na súa vida cotiá e na súa obra escrita, invítanos a seguir os seus pasos.




Para celebrar o seu aniversario decidimos coñecela un pouquiño máis, facer un mural cun dos seus poemas. 






E para rematar a actividade,recitamos o poema: Tecín soia a miña tea. 




                Viva Rosalía!!!

mércores, 20 de febreiro de 2019

Viva Rosalía!


O vindeiro día 24, é o Día de Rosalía de Castro.

Nesta data celebramos e recordamos especialmente o nacemento desta ilustre poetisa galega. Imos comezar os nosos traballos. 






Estades preparados? 

Para comezar, imos a recitar este  fermoso poema: TECÍN SOIA A MIÑA TEA. 



Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.

Nin na fonte, nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el  xa non me pousará.

¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.

Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.

O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)